lunes, 14 de marzo de 2011

O DICTADOR

  Atlántico o 23 de febreiro de 2011.
       DICTADOR
Boca espesa e taciturna,
Lingua de víbora velenosa,
Volcán de palabras espantasas,
Morte constante na Rúa do Sangue
Vermello, líquido imprecindeinble.
Na Rúa da Morte.
Pidiron liberdade merecedora,
E respostaron con armas homicidas,
Secuestro dos dereitos humnanos,
Sinistro armado mortal.
Disparar, constantemente,
Cunha bala cilíndrica, e morte resultante.
Avións de mortal voo homicida,
Helicópteros represores
Polas rúas da dor
Onde campea o sinistro bestial,
Onde a piedade non existe
Creban vidas iñocentes
De mandíbula paralizada
Por mor dun brual disparo homicida,
E ollos abertos, pidindo
O retorno a vida perdida.
Odio perverso e activo,
Pánico constante, que ao pobo soberano
Despreza, coa violencia perversa,
E verbas constantes de desprezo e medo.
Sinistro persoeiro, crebador
De vidas e liberdades roubadas.
Van sementado pánico
Os mercearios da morte,
As vidas apáganse,
Como unha vela acesa
Coma un soño perdido.
Os mortos aumentan,
Diaño espantoso.
                 Miguel  Duboiys

No hay comentarios:

Publicar un comentario