Ir al contenido principal

O REVÉS DO MUNDO



 
Pontevedra, ao 15 de xaneiro de 2011.
 
 
O REVÉS DO MUNDO:
 
 
HISTORIA DUNHA LABAZADA.
 
 
 
Sentirse aire puro e respirable.
Sentirse sosego sereo de mañanciña.
Abrome enteiro a vida pura e sensible.
Habitar, habito, silencios constantes,
Miro bandadas de paxaros ceibos
Na plenitude de seu fermoso voar.
Comtemplar a belleza do azui ceo.
Sentir a vida enteira. coas mans,
Coa vista e os ollos moi abertos
 
Ser, habitar, pertencer, amar.
Amar a persoa amada e libre
Presa de ninguén, pero amada,
No máis puro sentido da palabra enteira.
Palabra que énchote
Do máis puro significado real.
A vida para vivila.
A morte para non existir.
 
Habitar o aire silencioso e puro
Que dignifica as almas dos homildes
Homilde abasallado polo medo e o rencor.
Atravesar  a néboa gris e branca,
Descubrir o que, nunca, creín
Que existía. Aceptar a dor
Que me toque sufrir.
 
Habitar o ar silenciosamente,
Darche un bico lento,
Acariñar as túas longas costas,
Mirarte, con delicia sublime
Erguerme á altura dos teos lindos ollos.
Pararme cós meus beizos nos teus beizos.
Esperar non ter presa e disfrutar,
Da ausencia da dor que penetraba.
 
Son pouco máis que un silencio constante.
Son o vento voante,
Que insufla as velas dos barcos veleiros
Ou  son unha rosa que delira belleza,
Son algo, mais non son nada.
Son materia viva e nada serei.
 
A vida pasa, o mar ruxe,
O barco rompe amarras,
O rumbo non existe
Palabra do mundo quimérico,
Somente a forza natural,
Move a o barco perdido.
 
A vida segue a natureza enfurecida,
Por mor da irresponsabilidade humana.
Fai dos ríos,mares  asasinos,
Do sorriso, pranto constante,
Non ten piadade dos sentimentos,
Sempre os mesmos irresponsables,
Voltan a cometer
Os mesmos erros.
A hestoria repítese,
A torpeza é un acto irresponsable.
Como rexerse polo sentido común,
Como habitar un mundo decente,
Como escapan os antigos dirixentes
Dun país chamado Túnez.
Quen pode falar de xustiza política,
Que absurdos políticos,
Pasean súas deshonestas linguas
Enrriba de micrófonos contaminados.
Namentras imos perdendo
A identidade propia,
No eido dos números abstractos.
A economía mingua, constantente,
Como unha fermosa lúa de agosto perdido.
As nóminas máis necesitadas,
Decrecen numericamente.
O feble constantemente, feble
Paga o abuso dalgúns
Cidadáns anónimos.
A mentira medra sobre a mentira.
A corrupción permítese,
E o abuso non é condeado
Por nigunha doctrina coherente.
 
 
 
 
Miguel   Dubois
 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Pontevedra 23 de Febreiro de 2020 VIOLENZA Pendurada no Céu nouturno, Noite de negro Noite fonda, Outeiro dun Céu de sombras Inacabadas. Longas sombras E o corazon Roto coa dor Intensa Do amor ferido A incomprensión E a violenza Machista, restando Vidas de mulleres Asesinadas e Xerando orfos E órfãs e corpos Fimininos Arruinados da vida, Cunha brutal. Violenza de home, Asesino brutal, Asasinaron, Aos ledos sorrisos E crearon Un sistema de Crises continuas, Un medo atroz, A lingoaxe quen Mata en pouco tempo, rápido Fillas dunha Sombra permanente Negra,moi Negra, De luces escasas A luz e a lúa E as estrelas Brillantes Paradisos Lixeiros, Que treman Nova fermosa lua Cos cornos Erguidos na esquinas Outas e precoces, Puntiagudas, Cúmulos de Marfil afiado, Entrada dunha Ferida dun corno De touro, dor Intensa, corna da Ferinte e matador Desvanecido, Collido antre Compañeiros Da lidia brutal Achegado a morte Mas ...
Meet Chat 39 de 146 Cvvbbk Recibidos x Miguel Dubois Thenaisie sáb., 11 abr. 8:39 para mí Pontevedra , al 28 de Diciembre de 2016. BIBIANO. MORÓN Tanto tempo De aquel tempo De cantigas de combate e loita Cordas das guitarras Españolas ou eléctricas Teclados perfectos E baterías rabiosas O berro do Pobo Galego Esta no completo Escearios a voz Antre as crases populares namentras Galicia enfrentabase A forza publica. Nas Prazas cheas Nas longas ruas. Bibiano daquela Cantaba, Estamos chegando Ao mar, e o mar chegou Ou abaixo a dentadura E Aquela dentadura Caíu. Bibiano, Escalaba a forza Da sua voz, nos Conciertos de loita Pola liberdade. Moitos te quixemos Bibiano por ser Coma eras Unha Voz Ceiva, unha Máxima apertura De cara ao ar limpo. Por eso te queremos Bibiano, abroche A porta a libertade Por, sempre. Noso Bibiano Morón Miguel Dubois O DOS. FAROS DE. NOCHE Se va muriendo Lentamente A fuego lento, El año viv...
Hhjjkkkll Recibidos x Miguel Dubois Thenaisie   < migueldth2222@gmail.com > sáb., 11 abr. 8:35 para   mí Pontevedra. ao 11 de Xaneiro de 2017 TELÉFONO NEGRO Miroche, de xeito, curioso e dubitativo Cunha minuciosidade precisa, atento e me pregunto antre tantas preguntas sen contestación algunha, porque ocorre o indebido? Que pon o Mundo ao revés? Por qué as leises son trabucadas? Por qué debemos acudir a Filosofía de Zygmunt Bauman Recen falecido? Se, ainda, estas comigo, se alomenos escoitas as miñas palabras taciturnas, Se pensas no que creo que ti estas pensando.non fagas da tua vida enteira un segredo eterno ou un interrogante sen Resposta, continua o feito vital e ti non me dis nada, silenzo e silenzo, supremacía do frío polar, que che pasa? Qué non che pasa? Qué ocultas detrás dos teus ollos ?Solta as palabras dorosas, arrinca a tua ...