viernes, 15 de octubre de 2010

ATLÁNTICO

                                          Terras Atlánticas Galegos, ao 15 de outubro de 2010



Atlántico perfecto e desexado

A túa beiriña haito,

Polo teu mar navego con rumbo desexado.

Atlántico amplo e querido

Costas bañadas por fermosas extensións Atlánticos,

Atlántico que pata tí vivo

E a túa Costa Ceibe entrégome,

No nome dos Deuses Celtas

Dende a Punta de Cabo Fisterra

Até o porto máis afastada

Da benquerida irmá América.

Atántico constante,

Costume aberta a un beizo mario

Que có outro beizo aberto,

Son unha porta aberta

A sumisión da beleza constante.

Atlántico mar do pasado

Atlántico mar do presente,

Atlántico querido,

Futuro desexable

Dun mar ben tratado.


Miguel   Dubois

No hay comentarios:

Publicar un comentario